martes, 5 de marzo de 2013

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA

 RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.
Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: 2 ao 15 de abril, ambos os dous incluídos.
      – Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo, ambos os dous incluídos
 

NORMATIVA

Informámoslle que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de
Galicia (AMTEGA) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria veñen de incorporar unha nova funcionalidade no Portal
educativo: o espazo temático de Normativa educativa.